Peche de Mestre Mateo para reparar os lastros na zona de entrada ao CITA

64

Debido ao mal estado do pavimento na zona de entrada do CITA, é necesario proceder con carácter de urxencia ao corte ao tráfico e sinalización neste punto (rúa Mestre Mateo).
A reparación das pedras iniciarase mañá martes, e vai incluida no contrato de mantemento de vías urbanas. Independentemente do comezo das obras, o perigo para os viandantes fai que sexa necesario proceder de inmediato ao valado da zona.
Esta obra de reparación obriga a modificar o tráfico que durante estes días será canalizado pola praza de España, para os vehículos que precisen circular polo centro histórico.