Peche de parte de Loureiro Crespo dende o mércores

34

Debido aos traballos de canalización de servizos nun edificio de nova construcción no cruzamento das rúas Loureiro Crespo con José Malvar, pecharase a rúa Loureiro Crespo neste punto a partir do mércores, 13 de marzo, dende as 10.00 horas.
Estes traballos durarán arredor de dous días. Durante este tempo, pecharase a rúa Loureiro Crespo dende Casimiro Gómez cara a rotonda de Doce de Novembro. Este tráfico será canalizado pola Travesía da Eiriña. A circulación procedente da rotonda de Doce de Novembro, cara o centro da cidade (Casimiro Gómez e Hospital), non se verá afectada.