Pontevedra participa no debate sobre o futuro da mobilidade

59

O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores participa mañá na xornada Mobilidade 30 organizada pola Fundación Pons en Madrid. O alcalde dará conta do modelo de cidade de Pontevedra nunha mesa de ponencias na que se falará de experiencias positivas en plans de mobilidade urbano sostible.
Segundo recolle a presentación da propia xornada, a Fundación Pons quere colaborar coa tendencia no cambio dos desprazamentos nas cidades con máis espazo público para moverse, cidades máis limpas, seguras e sostibles… Para iso, organiza un ciclo de conferencias sobre “O futuro da mobilidade”. Na primeira xornada presentarase a iniciativa europea: “30km/h – por unhas rúas habitables!”.
O obxectivo principal é amosar os beneficios que se poden obter pola reducción da velocidade proposta para certas zonas da cidade, como a reducción de emisións, reducción de accidentes, aforro enerxético, tráfico rodado máis fluído, pacífico…
O alcalde presentará a revista Mejor a pie, a versión en castelán de Better on foot! que se presentou en Bruxelas, pero agora implementada coa entrega do premio Intermodes a Pontevedra o pasado 6 de febreiro. 

Ver documento PDF
Ver documento PDF