Medio Ambiente colabora co Valle Inclán nun proxecto de educación ambiental forestal

56

A Concellaría de Medio Ambiente, que dirixe Anxos Riveiro inicia mañá un proxecto de educación ambiental co IES Valle Inclán, centro co que leva colaborando durante varios anos na formación ecolóxica forestal, apego e identificación do monte de Pontevedra, e impulsar a cultura sostible entre o alumnado.
Alumnos de segundo a cuarto da ESO (arredor de 335) participan dende mañá (e en 8 sesións en distintas) en saídas ao monte para a plantación de árbores, estaquiñado e sementeira de landras; estudo de áreas forestais queimadas; pequenos traballos selvícolas; aplicación de funxicidas ecolóxicos cando corresponda; loita contra especies invasoras; pequenos estudos avaliando a bioloxía e evolución das zonas monitorizadas.
O primeiro grupo de alumnos partirá mañá, ás 09.00 horas en autobús, dende a Alameda para dirixirse áo monte comunal de Santa María de Xeve, que colabora con esta actividade. Alí farán unha plantación e, despois, se dirixirán á Lérez para continuar coa actividade.