Pontevedra súmase a rede Civitas

104

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a solicitude de participación na Rede de cidades sostibles de Europa, a rede Civitas para apoiar ás políticas de mobilidade sostible. O portavoz do Goberno, Raimundo González explicou que neste ámbito o Concello ten feito moitas actuacións, polo que para o Goberno local resulta moi interesante sumarse a esta rede de cidades, habilitando ao alcalde a ser o representante político e interlocutor con esta iniciativa comunitaria.