O Concello aforra un 40% en telefonía

96

A Mesa de adxudicación da rede de telefonía fixa, móbil e de datos do Concello de Pontevedra propuxo a adxudicación da empresa R cable da rede fixa e de datos do Concello por un valor de 83.220 euros, e a Telefónica móbiles a telefonía móbil por valor de 19.936 euros.

A proposta da mesa permite un aforro do 40% do gasto en telefonía, xa que o prego conxunto tiña un valor de 157.000 euros e adxudicouse por 103.000 euros.

Ademais, a Xunta de Goberno Local desta mañá aprobou a adxudicación á empresa Arboleira de traballos de axardinamento na Alameda, na praza de España e nas Palmeiras por valor de 127.000 euros.