Máis de 1.700 mozos participaron no primeiro mes de Noites Abertas

42

O programa Noites Abertas xa leva un mes de marcha e presenta uns moi bos datos de asistencia nas noites de vernes e sábado con 1.706 participantes até o momento.

Fin de semana Asistentes
1º                     348
2º                     542
3º                     304
4º                     512

O repunte de máis de 500 persoas no segundo e cuarto fin de semana débese a celebración de Fútbol 7, que ten unha gran capacidade de convocatoria entre os mozos.

A programación para esta fin de semana é a seguinte:

Venres, 22 de marzo
• Froebel
o 20.30-22h. Baile latino: Bachata II
o 21-23.30H. Pintura Plakatstil
o 22-23.30h. Maxia e ilusionismo
o 22-00h. Patinaxe (iniciación)
o 22-00.30h. Coiro: estoxo
• Casa Azul
o 20-22h. Fotografía tradicional
o 20-22.30h. Reciclaxe creativa: colgantes de vento
o 22-00.00h. Masaxe tailandesa.
• Local de Música
o 20-22h Beat Box (iniciación)
o 22-00h. Coro moderno (iniciación)
• Pavillón Municipal dos Deportes
o 21-23h. Defensa persoal-Hapkido

Sábado, 23 de marzo
• Froebel
o 18-00.00h. I Torneo de Magic the Gathering
o 20-22.30h. Peluches con calcetíns
o 20-23h. Obradoiro de banda deseñada
o 21.30-23h. Baile galego (iniciación)
• Casa Azul
o 20-22h. Fotografía tradicional
o 20-22.30h. Reciclaxe creativa: boneco de trapo (autorretrato)
o 22-00.00h. Masaxe tailandesa
• Campos de Herba sintética
o 22-01.00h. Fútbol 7
• Saída diante da Estación de autobuses con Vaipolorío.
o 19-22h Ruta “Unha noite no muíño”.