Cantos de Taberna na Estafeta e Contribución

25

A segunda actuación dos Cantos de Taberna adiántase este mes a mañá, 22 de marzo (son sempre os últimos venres de mes) con motivo da Semana Santa. Nesta ocasión o grupo Maravallada, que organiza esta programación xunto á Concellaría de Festas que dirixe Carme da Silva, estará acompañado do grupo de música tradicional Adonairare e cantará nos locais Contribución e Estafeta de 21.00 a 00.00
horas.

Cabe lembrar que entre as novidades desta segunda edición está reducir de tres a dous locais nos que se actúa pola noite, a petición das persoas que participan nestas sesións dado que cando comeza a animarse a noite, o grupo tiña que cambiar de establecemento.


As vindeiras sesións serán:
• 26 de abril: Lareira e Rebusco
• 31 de maio: Timón e Pasaje
• 28 de xuño: Reixas e A Navarra