“Labregos do tempo dos Sputniks”

40

Lugar: Centro Social e Cultural En Pé. Rúa Sarmiento, 38.

Hora: 23 h.

Creado en 2007, xúntanse para concertos sen ensaios previos, como a "Festa pola liberdade" (sala Nasa, decembro de 2007), ou o 7º aniversario do Cineclube de Compostela (local social "a Gentalha do Pichel", abril de 2008).

Adoitan comezar poñendo en escena cadansúa proposta (O Leo cantando e na guitarra, e García cantando sobre bases), para rematar con temas conxuntos improvisados, co Leo á guitarra e García cantando.

Entre outros, tocan temas como "Bilingüismo harmónico" (adaptación do "Should I Stay Or Should I Go", de The Clash) e poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro, ademais de letras propias de García.