O IES Carlos Oroza colabora con Redeaxuda

34

A concelleira de Benestar Social Municipal,  Carmen Fouces recolleu este mediodía os donativos do Instituto Carlos Oroza para a Redeaxuda. Tratouse dunha iniciativa dos estudantes de Turismo e Protocolo que organizaron unha práctica, consistente nunha gala benéfica, na se entregaron donativos (productos e material escolar) que tiveron como destino Redeaxuda.

A concelleira Carmen Fouces xa asistiu no seu día á presentación desta práctica, e esta mañá dirixiuse ao centro a recoller os donativos para Redeaxuda. Recibiuse dunha gran cantidade de productos tanto envasados como frescos, e material escolar, que desbordaron, incluso, ás previsións
municipais.

Os productos frescos xa foron entregados ao Comedor de San Francisco, mentres que o resto foron trasladados á Casa Azul para ser repartidos nos vindeiros días entre as asociacións integrantes de Redeaxuda.