O Principal acolle este sábado o Fest! O certame de bandas do Local de Música

65

O Local de Música celebra este sábado a súa festa grande, o certame de bandas do Local, o concurso para promover a escena musical emerxente do concello. O Fest pretende pór en valor a creación musical de base organizando un evento nun espazo emblemático da cidade como é o Teatro Principal.
O concurso comezará ás 18.00 horas (abrirase ás portas ás 17.00 horas) e consiste en que oito grupos previamente seleccionados farán unha actuación breve (duns 15 minutos) para amosar o seu espectáculo. Dos grupos que se presentaron ao concurso foron seleccionados:
• Gonzalo Arca
• Kaootik
• Nagai
• Thee Blinds Crows
• The Flying Carpet
• Turbolaser
• Voltage
• Vortex

O xurado conecerá un dos premios que consiste na gravación dun videoclip cunha produtora audiovisual por valor de 1.000 euros.
O xurado estará formado por Luís Boullosa (música e redator de Ruta 66), Nacho Carballal (Centro social en Pé), Borxa Castro (Centro social A Revira), Borja Padín (Esdemga), Israel Ruiz (Músico), Sandrita (DJ), Nestor Nantes (DJ), Pedro Berbel "Pega Moura" (Músico), AC Desconcierto Cultural : Pedro Mandias, Juanele Malkeda (Músico), Miguel Gonzalez (Músico), Jesus de Jonhander (Músico), Marcos de SalaKarma (Programador), Demetrio Gómez (Concelleiro Xuventude), representante da Concellaría de Cultura e Festas, Dani Moure (Músico), Marcelo Skapinakis (Promotor), Manuel Santos (Músico) e un representante da Asociación Cultural Pontemuiños.
O público asistente, pola súa banda, tamén votará e concederá outro premio que consistirá nunha actuación remunerada na cidade.
O grupo convidado desta edición será The Grave Dolls.
Os obxectivos do Fest é presentar á comunidade unha mostra da escena musical independente nun espazo emblemático e representativo da cidade; ofrecer aos grupos noveis oportunidades para darse a coñecer e desenvolver a súa carreira artística; e ofrecer aos grupos participantes a oportunidade de conseguir un material audiovisual especial e relevante que apoie á súa estratexia promocional.