Romaría de San Cibrán

78

Lugar: parroquia de Tomeza

 

Domingo, 31 de marzo:

Pola mañá tirada de bombas de palenque anunciando o comezo das festas, a continuación pasarrúas a cargo dos grupos de gaitas Os Canteiros de Tomeza e Foula de Tenorio. Ás 12 h.  terá lugar a misa solemne en honor a San Cibrán e a continuación actuará o grupo Os Canteiros de Tomeza.
A partir das 18 h. actuarán varios grupos de pandereteiras e pola noite terá lugar a gran verbena ata altas horas da madrugada, amenizada pola orquestra Milenium e o grupo 3.Com.

 

Luns, 1 de abril:

Pola mañá pasarrúas a cargo de “Os Chaneiros” de Marín. Misas ás 09, 10, 11, 12 e ás 18 h., sendo solemne a das 13 h., cantada pola Asociación Cultural “Os Chaneiros”. Ao remate das misas das 13 h. e das 18 h. actuación musical e baile rexional. Pola noite gran verbena coas orquestras Marbella e Pontevedra.