Rosalía sempre viva. Viva Rosalía! viaxa a Marín

72

A Asociación Quemos Galego Marín exporá a mostra sobre Rosalía de Castro no Museo Manuel Torres, do 25 de marzo ao 1 de abril.
A exposición foi cedida pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, que dispón da mostra para este ano no que se conmemora o 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos, grazas á colaboración coa Fundación Manuel María.
A mostra está composta por 20 rollers nos que se fai unha explicación clara e sintética dos eventos biográficos e literarios fundamentais de Rosalía, e complétase cun material didáctico que de pode descargar na seguinte ligazón:
https://www.manuelmaria.com/upload/recursos/cat_1/4/guia%20didactica%20rosalia%20sempre%20viva.pdf