Nova edición das Andainas, que nesta ocasión levarán aos camiñantes a once destinos distintos da comarca de Pontevedra co obxectivo de fomentar a vida saudábel, o coñecemento do medio e os seus valores patrimoniais.
Saídas ás 9:30 h. da Capela de San Roque.
O Concello prevé saídas de 54 persoas, que se deberán inscribir previamente no teléfono 986 80 41 00 ext 7583 (Concellaría de Medio Ambiente). Só se poderán inscribir dúas persoas por cada ruta, e unha persoa non poderá inscribirse en máis de cinco marchas.
31 de marzo: Salinas de Vilaboa
7 de abril: Punta Carreirón. Illa de Arousa
14 de abril: Cabo Udra. Bueu
21 de abril: Cotorredondo. Lagoa de Castiñeiras
28 de abril: Litoral do Grove
5 de maio: Litoral Castrelo. Cambados
12 de maio: Ponte do Ramo. Cuntis
19 de maio: Xunquerias de Alba
26 de maio: Porto do Alén. Monte Seixo
2 de xuño: Ruta Liberdade. A Lama
9 de xuño: Fervenza de Segade. Caldas
Máis información en andainaspontevedra.wordpress.com