Obradoiro de “Bookcroosing”

59

Lugar: Biblioteca Pública. Sala de obradoiros

Hora: 18 h.

Con motivo do "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil", a Biblioteca sumouse á iniciativa de fomento da lectura “BookCrossing” promovida pola OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) e GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), inscribíndose como Zona Oficial na devandita Rede internacional.

Por iso imos facer un obradoiro para explicar aos rapaces e rapazas qué é o bookcrossing. Qué é o bookcrossing: Intercambio de libros dunha forma organizada. Os libros van pasando de persoa a persoa ao longo do mundo.

Podes seguir a viaxe do libro a través da web: www.bookcroosing-spain.com

Nenos partir de 8 anos, poden vir acompañados dun adulto. Plazas: 15 nenos. Con inscripción previa, do 20 de marzo ao 5 de abril, no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h.