Visita dirixida á mostra “En plenas facultades”

61

Lugar: Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Hora: 18 h.

Visita dirixida á exposición “En plenas facultades”, unha mostra colectiva de obras de artistas docentes da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Nesta exposición ponse de relevo como desde hai máis de dúas décadas algún dos máis destacados artistas españois impartan o seu maxisterio na cidade de Pontevedra, un caso que non sempre se soubo valorar na súa xusta medida, tal vez porque a carreira artística de moitos deles se realizou fundamentalmente fóra da nosa comunidade ou porque se prestou maior atención ás producións e ó despegue profesional dos seus propios alumnos.

Nela figurarán obras de Xoán Anleo, Natividad Bermejo, José Chavete, Juan Fernando de la Iglesia, María Luisa Fernández, Jesús Hernández, Yolanda Herranz, Juan Loeck, Juan Carlos Meana, Juan Luis Moraza, Marina Núñez, Jesús Pastor, Juan Carlos Román, Ana Soler e Javier Tudela.

A mostra ten como comisarios a Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre. Poderá visitarse no Sexto Edificio.