Visitas guiadas “A Ruta do Museo”

78

Lugar: Museo Provincial de Pontevedra

Hora: 11:30 h.

Os sábados pola mañá durante os meses de marzo, abril e maio, celebrarase un novo ciclo de visitas guiadas da Ruta do Museo polos diferentes edificios que o compoñen.

O itinerario comezará nas Ruínas de San Domingos ás 11:30 h.

A participación nesta actividade é de balde, pero é preciso inscribirse para elixir a data desexada e formar os grupos. Deberá haber un mínimo de cinco persoas.

As inscricións poden facerse no propio Museo, chamando ao teléfono 986 804 100, extensión 42413 (Gabinete Didáctico), ou enviando unha mensaxe ao correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es