Edugal 2013

75

Lugar: Recinto Feiral

Horario: de 10 a 14:30 h. e de 16 a 19:30 h.

II Salón da oferta de Educación e Formación de Galicia.

A asociación de empresarios da mediana e pequena empresa de Pontevedra, Aempe, co apoio da Xunta de Galicia e a Concellería de Promoción Económica de Pontevedra, organiza a II edición de Edugal, no Recinto Feiral de Pontevedra. A cita será os días 12, 13 e 14 de abril de 2013.

Trátase do maior salón da oferta educativa na eurorregión Galicia-Norte de Portugal que se celebre en Galicia este ano. A súa primeira convocatoria foi un éxito xa que recibiu a visita de máis de 8.500 asistentes.

Edugal vai dirixido a todos os sectores do mundo educativo a partir de 4º da ESO, así como a desempregados e a público interesado en xeral. A entrada ao recinto será gratuíta e o horario de apertura dos tres días será de 10 a 14.30 e de 16 a 19 h.

Paralelamente, desenvolverase FormaEdugal. Trátase dunha serie de conferencias e debates,impartidas por profesionais da área, dirixidas a profesorado e estudantes impartidas por profesionais da área.