II Xornadas sobre Patrimonio no Rural

51

Lugar: Misión Biolóxica de Galicia. Salcedo

Dirixidas a asociacións, centros educativos, comuneiros, e en xeral a profesionais e persoas interesadas no patrimonio cultural, que nesta edición abordará o tema “Patrimonio, territorio e desenvolvemento local”.

Programa do venres 12:

16:30 h. Recepción de participantes no salón de actos.

17 h. Conferencia de apertura de Begoña Bas sobre patrimonio etnográfico: “Un patrimonio para coñecer, valorar, actuar, gozar”.

18 h. Mesa de experiencias institucionais sobre recuperación e dinamización de conxuntos patrimoniaisCristina Cid, concelleira de promoción económica de Allariz. Joao Alpuim Botelho, director do Museo do Traje e coordinador dos núcleos mmuseolóxicos das parroquias de Viana do Castelo.

19:10 h. Pausa.

19:30 h. Mesa de experiencias sociais sobre recuperación e dinamización de conxuntos patrimoniais. Rafa Beceiro, coordinador Proxecto Esmelle (Asociación Veciñal Valle de Esmelle-Ferrol). José Bravo, coordinador da Aula do Almofrei (Comunidade de Montes do Salgueiral, Bora-Pontevedra).

21 h. Convivio.

Programa do sábado 13:

10 h. Conferencia de Ignacio Muñiz Jaén, director do Ecomuseo do río Caicena (Córdoba): "O Ecomuseo do río Caicena en Almedinilla (Córdoba): desenvolvemento rural desde o patrimonio histórico-natural e a participación cidadá".

11 h. Presentación de iniciativas sobre patrimonio, territorio, custodia, desenvolvemento. Ramón Magdalena (Asociación Galega de Custodia do Territorio): “Custodia do Territorio: concepto e situación actual”. Paula Lubián (Feitoría Verde). “Ruralactivo: programa de dinamización do patrimonio de Xeve-Pontevedra”.

12:10 h. Pausa.

12:30 h. Mesa de experiencias sobre iniciativas de custodia do territorio. Fernando Bandín: Fundación Fragas do Mandeo. Gonzalo Sancho: Asociación Vaipolorrío (Pontevedra). Mario Touceda Torres: Fundación Terra Termarum (Castrolandín-Cuntis).

13:30 – 14:30 h. Visita guiada á Misión Biolóxica de Galicia.

15 h. Xantar. A participación na xantar é opcional. Inscrición previa, prezo 15 euros.

 

Inscrición no correo electrónico: patrimoniocultural@pontevedra.eu indicando nome apelidos e teléfono. +info. en www.concellopontevedra.es