“Okún”. Ballet Folclórico Nacional de Cuba

77

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia

Hora: 20:30 h.

O Ballet Folclórico Nacional de Cuba celebra o 50 aniversario da súa creación con “Okún”, un espectáculo que recolle o mellor e máis representativo do seu labor coreográfico.

"Okún" expresa a raíz da música e a danza, a fusión do folclore con outros ritmos e danzas que evolucionaron dende as súas orixes africanas ata os nosos días. Un espectáculo vibrante e rítmico, apaixonado e extraordinariamente visual con cambios de vestiario e escenarios que evocan tradicións populares con asombrosas pezas coreográficas sostidas polo virtuosismo dos seus bailarins. O Ballet Folclórico Nacional de Cuba celebra o 50 Aniversario da súa creación cun espectáculo que recolle o mellor e máis representativo do seu labor coreográfico.

Miles de espectadores de todo o mundo avalan a mestría, a solidez e a pegada creativa do Ballet Folclórico Nacional de Cuba, catalogada como unhas das mellores compañías de folclore de América Latina e do mundo. O seu alto nivel técnico, a súa busca nas fontes ancestrais da cultura cubana e latinoamericana, quedan imprimidas na riqueza visual das súas producións.

Prezo: dende 27 €. Entradas á venda en www.servinova.com