PROGRAMA DE FORMACIÓN PARA EMPREGO “PISANDO FORTE 2013”

61

Un ano máis , a Concellaría de Xuventude pon en marcha o programa de formación xuvenil "Pisando Forte" (abril – novembro 2013). Trátase de cursos de formación orientados á xente nova co obxectivo de mellorar as súas
condicións para o acceso ao emprego.

CURSOS DIRIXIDOS A: Mozos/as de 16 a 35 anos empadroados/as ou estudantes residentes no Concello de Pontevedra. Preferencia na inscrición a persoas en situación de desemprego. Abrirase unha listaxe e agarda para cada curso coas persoas interesadas que non cumpran estes requisitos iniciais e que poderán acceder se sobra algunha praza. Emitirase DIPLOMA ACREDITATIVO da formación recibida.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra (nas datas especificadas, horario de inscrición de 09 a 14h). Casa Azul – r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 100 185 (ext. 7491/2) xuventude@pontevedra.eu
www.xuventude.pontevedra.eu e en www.facebook.com/xuventudepontevedra