Seminario de introducción ao pensamento marxista

42

Lugar: Centro Social Revira. Rúa Gonzalo Gallas nº 4, baixo.

Hora: 20:30 h.

A Liga Estudantil Galega e A Revira coorganizan un seminario de introducción ao pensamento marxista . A primeira sesión realizarase o venres 12 de abril, às 20:30 h, no local social da Revira.

As persoas asistentes traballarán sobre unha selección de leturas arredor dos fundamentos do marxismo. A iniciativa terá continuidade nos próximos meses, xa que é evidente que a temática abordada é inabarcable nunha soa sesión.

A asistencia é aberta, máis recomendase que as persoas interesadas envien un correo a centrosocial@revira.org, para poder achegar os textos cos que se traballará.