Cantos de Taberna

50

Volven os Cantos de Taberna aos bares do centro histórico da cidade, os últimos venres de cada mes de 21 a 00 h.

• 22 de marzo (no é o último do mes por ser aquel o Venres Santo): Contribución e Estafeta.

• 26 de abril: Lareira e Rebusco.

• 31 de maio: Timón e Pasaje.

• 28 de xuño: Reixas e A Navarra.

O propósito deste programa é recuperar aqueles cantos nas tabernas que eran unha maneira de divertimento, de ocio mais e un xeito de producir e manter a tradición musical. Ao longo dos anos setenta, comezaron a verse por distintas tabernas o cartel de “Prohibido cantar”, cercenando asi o desexo de moitos afeccionados á música de pasar un rato agradable cantando en compaña de bos amigos.