PontePoética 3

70

Lugar: Teatro Principal e outros espazos da cidade

Terceira edición do festival de poesía “PontePoética”, dirixido por Yolanda Castaño. Provome: Concello de Pontevedra. Colabora: Ateneo de Pontevedra.

 

Venres 19 de abril:

Pola mañá: Encontro poético con alumnado do IES A Xunqueira I, IES Sánchez Cantón e IES Valle-Inclán.

18:30 h. Teatro Principal de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño s/n). Inauguración de PontePoética 3 e recital dos poetas: Claudio Rodríguez Fer, Marta Dacosta, Roger Wolfe. Presenta: Xaime Toxo.

20 h. Teatro Principal de Pontevedra. Recital dos poetas: Raquel Lanseros, Lino Braxe, Rosa Alice Branco. Presenta: Goretti Canario.

22:30 h. Pub Pequeño Karma (rúa de Paio Gómez Chariño, 29, baixo). Performance poético-musical: “A MARCHA DA SOMBRA. Poesía en vivo con voz, corpo e alma”. Claudio Pozzani.

 

Sábado 20 de abril:

18:30 h. Teatro Principal de Pontevedra. Recital dos poetas: María do Cebreiro, Biel Mesquida, Claudio Pozzani. Presenta: Antón Sobral.

20 h. Teatro Principal de Pontevedra. Recital final con todos os poetas participantes e clausura de PontePoética 3. Lino Braxe, Raquel Lanseros, Claudio Rodríguez Fer, Rosa Alice Branco, Biel Mesquida, Marta Dacosta, Roger Wolfe, Kirmen Uribe, María do Cebreiro e Claudio Pozzani. Presenta: Yolanda Castaño.

 

Domingo 21 de abril:

11 h. Fundación Cuña-Casasbellas. Sala Versus (rúa de Xerardo Álvarez Limeses, 12). Obradoiro especializado de Poesía: Kirmen Uribe.