“Unha mente marabillosa”. Ciclo “Nos vieiros da mente”

49

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia

Hora: 19 h.

Entrada de balde ata completar aforo.

Proxeción do filme “Unha mente marabillosa”. Versión orixinal subtitulada ao español. Recomendada para tódolos públicos. É un drama intensamente humano sobre un auténtico xenio, está inspirado na vida do matemático John Forbes Nash Jr. O atractivo e altamente excéntrico Nash fixo un descubrimento asombroso ao comezo da súa carreira e fíxose famoso en todo o mundo. Mais o seu fulgurante ascenso á estratosfera intelectual sufriu un drástico cambio de curso cando a súa brillante mente se viu atacada pola esquizofrenia. , en versión orixinal subtitulada.

"Nos vieiros da mente" é o título do ciclo de cine que ten lugar cada ano nos centros Novacaixagalicia, patrocinado polo SERGAS coa colaboración especial de Novacaixagalicia. Títulos en Versión Orixinal Subtitulada ao español. Neste programa, enmarcado no Proxecto Nise, inclúense un total de seis películas cuxa temática é a mente humana, facendo referencia a distintas patoloxías.