“Na percura do tesouro”. Gaiteiros da Xistra

50

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia

Hora: ás 10 e ás 12 h.

Aforo concertado con colexios.

Espectáculo para nen@s de 2º ciclo de Primaria. Os Gaiteiros de Xistra contan a historia de Xurxo, un neno que non cría nos mouros.

Xurxo non cría nas lendas dos mouros. Son cousas de vellas!, pensaba. Pero estaba seguro de que aquelas marcas nas pedras do monte, custodiadas pola gran serpe, eran os sinais do mapa do tesouro. Acotío porfiaba en que máis tarde que cedo o había topar. Sabía que no solpor algo misterioso acontecía, que ese era o mellor momento para descifrar os enigmas; pero de todas cantas veces o intentou, nunca pasaba nada, ata que unha noite os cantos da moura espertárono: eran as claves e as probas que Xurxo debería superar. Conseguirao?

+info. en www.escolares.obrasocilancg.com