Cabaret “Ultranoite do Aquí”

67

Luga: Pazo da Cultura

Hora: 22:30 h.

Prezo: 12 € (+ gastos) e 10 € (+ gastos) para parados e xubilados. Venda anticipada de entradas en www.servinova.com

O Grupo Chévere como anfitrión da Ultranoite, acompañado por músicos e outros colaboradores achegará as noites do venres 26 e sábado 27 un formato de espectáculo, inventado e levado a cabo durante moitos anos na xa pechada Sala Nasa de Santiago.

Un espectáculo que combina humor, música e teatro e "non deixa títere con cabeza" ao facer unha crírica da actualidade case a tempo real, dende unha mirada cheveriana e neste caso tamén bolañana, coa que Chévere homenaxea á súa figura co título "Ultranoite do Aquí", xa que a compañía de Bolaño leveba por nome "Teatro do Aquí".

Un formato único, nun escenario único xa que para o espectáculo se habilitará o vestíbulo do auditorio no que o público estará distribuído en mesas nas que poderá gozar do espectáculo nun ambiente distendido ao tempo que toma algo.