Concertos didácticos no Conservatorio

31

A Concellaría de Cultura volve a colaborar, por segundo ano consecutivo, co Conservatorio de Música Manuel Quiroga na organización dos concertos didáctivos para abrir as instalacións do conservatorio aos centros de ensino de Pontevedra e da súa comarca.

É un proxecto que se impartirá os días 24, 25 e 26 de abril nas instalacións do conservatorio e consistirán nun concerto moi dinámico e interactivo nos que se fará unha montaxe seguindo o guión da Frauta máxica en colaboración con Viravolta títeres e co acompañamento dun grupo de cámara de dez profesores do centro que farán unha selección de pezas da Frauta máxica.

Anxos Riveiro, concelleira de Cultura, destacou o grande éxito da pasada edición por iso o seu departamento volveu a apostar por este formato á hora de achegar a música ao público infantil. Xa están inscritos centros como o Álvarez Limeses, San Xosé, Sagrado Corazón, Campolongo, Fina Casalderrei…