Máis de 500.000 euros para completar o saneamento na parroquia de Lérez

53

Os concelleiros Demetrio Gómez e Pilar Comesaña manteñen esta tarde, a partir das 20.30 horas, unha reunión cos veciños de Lérez, no Local social da parroquia, para informarlles do desenvolvemento dos traballos de saneamento que se están a realizar en distintas zonas da parroquia. Na reunión tamén se lles informará da posibilidade de facer os enganches das vivendas ao saneamento, e dos beneficios económicos que lles pode reportar facelos ao tempo que se acomete as obras.
Este proxecto de saneamento na parroquia de Lérez é dos máis importantes, en termos económicos, dentro do convenio de saneamento asinado entre o Concello e a Xunta de Galicia. A inversión supera os 500.000 euros que darán servizo a varios núcleos, en total, arredor de 60 vivendas.
Estase a facer a rede principal nos lugares de Pedrapicada, onde se traballa en 773 metros lineais; A Torre, onde se actúa en 400 metros lineais; e no lugar do Arco, onde se actua en 990 metros lineais.
Con estas últimas obras, a parroquia de Lérez quedará totalmente conectada ao saneamento, ao igual que outras como Mourente, Lourizán, Salcedo, Ponte Sampaio, Canicouva ou Tomez. No resto de parroquias, a rede de saneamento está moi avanzada.
O investimento dos últimos proxectos de saneamento no rural pontevedrés supera o 1,3 millóns de euros.