O Concello reduce a factura de telefonía

93

O Concello de Pontevedra adxudicou a telefonía móbil, fixa e datos dos servizos municipais, policía e bombeiros incluídos. Segundo as estimacións municipais, o custe da telefonía fixa e móbil é de 10 euros por funcionario e mes, e de 7 euros por datos.

A telefonía fixa e móbil foi adxudicada a R por 83.000 euros, unha baixa do 27%; e a telefonía móbil por 19.936 euros, unha baixa do 62%. 

Con estas adxudicacións auméntase a capacidade das liñas, renóvanse as centralitas de bombeiros e policía, ou amplíase a velocidade de datos de 20 a 100 megas.

Raimundo González, portavoz do Goberno, asegurou que "a oferta é moi boa e vai a reducir substancialmente a factura que se abona ao mes e mellorará o funcionamento do servizo".