Esta semana complétase o zafarrancho de limpeza na avenida de Lugo

56

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa nesta semana os zafarranchos de limpeza da área urbana do municipio. Limparase avenida de Lugo dende a rotonda de Montecelo até Xoán Carlos I, na súa marxe esquerda.
Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona. A prohibición é efectiva dende a tarde do mércores.
A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.