A Concellería de Deportes ofrece seis becas para asistir ao Congreso das Ciencias do Deporte e “Sportis”

101

A Concellería de Deportes, a través do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, ofrece aos técnicos/as e adestradores/as das entidades deportivas do concello de Pontevedra, 6 matrículas de balde no IX Congreso Nacional de Ciencias do Deporte e a Educación Física que se celebrará en Pontevedra (do 9 ao 11 de maio de 2013).
O evento, que está apoiado pola Concellería de Promoción Económica e forma parte da programación feiral para Pontevedra deste ano, inclúe entre as súas actividades o I Salón Nacional do Deporte, a Saúde e a Nutrición “Sportis”.
Para ter máis información débese consultar o sitio www.congresodeporte.com.
Para formalizar a inscrición cómpre mandar un correo electrónico ao IMD imdtecnico@pontevedra.eu incluíndo o nome da persoa solicitante, nome do club de pertenencia e breve reseña do ámbito de interese neste Congreso.
Para o caso de que houbera máis demandantes que prazas valoraríase o sistema de asignación dun xeito obxetivo. O prazo para presentar as solicitudes remata este sábado, día 20.

A matrícula inclúe:
– Asistencia a todas as sesións do congreso (conferencias, cursos de especialización e comunicacións e póster).
– Certificado de asistencia de 32 horas baremable para concursos oposicións.
– CD de actas con toda a documentación producida no evento.
– Camiseta técnica coa inscrición “Técnico Deportivo”.
– Mochila deportiva.
– Obsequios de empresas colaboradoras.
– Unha entrada/invitación ao I Salón Nacional do Deporte, a Saúde e a Nutrición (unha feira que terá lugar do 9 ao 11 de maio no Recinto Ferial de Pontevedra).
– Unha participación de Lotería de Nadal.
– Outros agasallos.