A terceira edición da Pontevedrada será o vindeiro 27 de abril

68

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá aos organizadores da Pontevedrada 2013, unha marcha nocturna entre a praza da Ferraría e a praza do Obradoiro, en Santiago para promover a donación de órganos e de sangue. A terceira edición da Pontevedrada será o vindeiro sábado, 27 de abril, e sairá ás 20.00 horas da praza da Ferraría e chegará arredor das 12.00 horas do día 28 a Santiago.
Segundo Miguel Martíguez, organizador, xa están inscritos 185 persoas pero confían en superar os 200 participantes. O pasado ano saíron de Pontevedra 64 “marchosos” e o primeiro ano foron os dos actuais organizadores: Raúl Álvarez e Miguel Martínez.
Lembran que non é obrigatorio completar a andaina, aínda que se conta con apoio loxístico dunha ambulancia e varios vehículos de apoio. As persoas interesadas poderán anotarse en pontevedrada@gmail.com
Para máis información
www.pontevedrada.blogspot.com
www.facebook.com/pontevedrada