“Encerrona” de Pepe Viyuela

71

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia

Hora: 20:30 h.

Prezo: dende 14 €. Entradas á venda en www.servinova.com

O popular actor cómico Pepe Viyuela visita de novo Galicia para presentarnos o seu afamado espectáculo “Encerrona”, que nesta tempada cumpre vinte anos sobre os escenarios.

En “Encerrona” Pepe Viyuela ofrécenos 75 minutos de humor para todos os públicos, nun espectáculo no cal dá boas mostras da súa calidade como actor e clown, poñendo en escena diversas técnicas teatrais ao servicio do humor e a relación co público.