“Máxicos Musicais”

101

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia

Hora: 18 h.

Prezo: dende 16 €. Entradas á venda en www.servinova.com

Trátase dun percorrido musical polas principais bandas sonoras do máxico mundo de Disney, no que viven os marabillosos personaxes dos máis coñecidos contos musicais.

Encontrarémonos con "Bella e Besta", onde triunfa o amor; veremos Simba e Nala acompañado de todos os seus amigos de "O Rei León"; e non nos podía faltar Mowgli, Baloo e Bagheera en "O Libro da Selva", ademais de moitas sorpresas con personaxes coñecidos e queridos por todos, tanto nenos coma adultos.

Unha historia inédita que reúne a todos estes clásicos cun enfoque narrativo moi actual. Unha fabulosa aventura chea de maxia. Duración: 60 minutos.