Obradoiro “Letras na corda. Roberto Vidal Bolaño 2013”

59

Lugar: Sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra

Hora: 18 h.

Prezo: de balde.

Especial Letras Galegas. Obradoiro para nen@s de 3 a 12 anos, a cargo de Teatro Babaluva.

Letras de cartón decoradas quedarán penduradas dunha corda na biblioteca. Farase a palabra “Touporroutou”, parte do título da peza para nenos de Roberto Vidal Bolaño, utilizando a tipoloxía Gallaecia e decorada con patróns repetitivos recollidos da arte decorativa e dos símbolos máxicos de Galicia.

20 prazas. Con inscripción previa, do 2 o ao 16 de maio, no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no tel. 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h.