Xornada conmemoración do 25 de abril. A Revira

59

A Revira organiza un intenso programa de actividades para conmemorar o 25 de abril, revolución que rematou con 48 anos de ditadura fascista no noso país veciño. 

Esta data é tamém unha ocasión para festexar a nosa cultura, o deporte, a fraternidade e a amizade, polo que o programa de atividades é ainda moito máis amplo.

 

Venres 26 de abril:

Concerto dos "Labregos do Tempo dos Sputniks". O concerto celebrarase às 23 h. no Centro Social En Pé, rúa Sarmiento. Prezo: 4 €, e ao remate pincharase música galega e portuguesa.
 

 

Sábado 27 de abril:

Às 16:30 h. Celebrarase un Aberto da Liga Nacional de Billarda, na pista de terra do IES A Xunqueira I.

Às 20:30 h. Conferencia de Bruno Carvalho, xornalista que nos falará da estratexia da esquerda lusa fronte a Unión Europea. No local social de A Revira: "A esquerda portuguesa fronte os ditados da Troika".

Às 22:30 h. Cea e desgustación de productos portugueses. Celebrarase no local social de A Revira, cun prezo de 8 €. Ao remate celebrarase unha festa con prezos populares e diversas sorpresas.
 

 

As atividades contan coa cooperación do C.S. En Pé e da Liga Nacional de Billarda.