Operativo de tráfico da Pedalada

67

Dentro do programa de BICIWEEK  que se ven desenvolvendo nesta cidade (do 17 ao 21 de abril) , o próximo domingo, 21 de abril celebrase a convocatoria anual da marcha ciclista familiar pola cidade “PEDALADA”.

O desenvolvemento desta actividade obriga á Policía Local de Pontevedra a adoptar medidas de tráfico en prol da seguridade dos participantes, realizando cortes puntuais  (especialmente en Ponte dos Tirantes, Ponte Santiago, Avd, Domingo Fontán e Ponte das Correntes).

A Pedalada iniciase coa concentración por parte dos ciclistas na Praza da Peregrina a partir das 10:30 horas, para comezar o percorrido as 11:00 horas.

Praza Peregrina – Daniel de la Sota – Catelao – Sagasta – X. Costa – Branco Porto – Benito Corbal – Cobián Roffignac – Ponte Santiago . Rafael Areses – Illa das Esculturas – Rafael Areses – Avd, Compostela – Xoan Manuel Pintos – Avd. Domingo Fontán – Ponte das Correntes – Uruguai – Galera – A. Malvar – Praza España – Michelena e remate en Praza Peregrina.

A duración da proba será aproximadamente dunha hora.

Co fin de que os cortes de tráfico sexan o menos lesivos para o tráfico rodado, a Policía Local fará agrupamento dos ciclistas co fin de que vaian o mais agrupados posibles, en diversos puntos do percorrido.  

Na medida do posible, a Policía Local de Pontevedra solicita a colaboración dos condutores tratando de evitar a circulación polo itinerario, especialmente pola zona norte da Cidade e,  entre as 11 e 12 horas.