Segunda edición do Outlet do libro galego entre o 20 e 28 de abril

28

A Concellaría de Cultura colabora coa Asociación galega de editores e as librerías Paz e Seijas na segunda edición do Outlet do libro galego que se celebrará no Café Moderno os vindeiros 20 e 28 de abril.
Na presentación desta segunda edición estiveron a concelleira Anxos Riveiro, que destacou a importancia do apoio municipal ás iniciativas de animación á lectura e ao sector do libro, xunto a Manuel Bragado, responsábel da asociación de editores, así como representantes das librarías colaboradoras.
A Asociación de editores ven de clausurar o outlet de Santiago cun éxito de ventas con máis de 7.000 exemplares. No caso de Pontevedra, na súa primeira edición, as ventas superaron os 5.000 exemplares.
Nesta segunda edición poderánse comprar obras dende 3 a 15 euros. Poderanse comprar dous libros por 5 euros, e até 5 libros por dez euros. Tamén haberá obras singulares por dez ou quince euros.
Participarán 17 editoriais galegas e habería máis de 1.200 títulos de calidade aos mellores prezos.

Ver documento PDF