“Faise camiño ao andar” leva a máis de 500 escolares pontevedreses polos fitos naturais de Galicia

42

O programa “Faise camiño ao andar”, impulsado pola Concellería de Educación, comezou esta semana coa participación dos alumnos do colexio de San Bieito de Lérez, que fixeron unha visita ao parque natural de Corrubedo.
O concelleiro Agustín Fernández considera que trátase dunha actividade de gran interese, pois os rapaces teñen ocasión de coñecer espazos naturais galegos como o entorno do mosteiro do Carboeiro e a fervenza do río Toxa, A Guarda (Baixo Miño e Santa Tegra, Illa de Arousa e Parque de Corrubedo. Sen embargo, a proposta vai máis alá dunha simple visita, pois inclúe contidos didácticos grazas á presenza dun monitor medioambiental.
Na actividade, xunto cos rapaces de Lérez, participan tamén os da Escola de Educación Infantil de Verducido, Parada (Campañó), Vilaverde (Mourente), Marcos da Portela (Monte Porreiro) e Froébel. Máis de 500 alumnos gozarán da experiencia de coñecer algúns dos recunchos máis fermosos de Galicia.
Cada centro participante realizará dous roteiros. Teñen unha duración de xornada completa.
Os roteiros propostos son de doada realización, onde os de maior extensión serán modulados por descansos. En cada un deles entregarase a cada participante un mapa da ruta e documentación sinxela e atractiva sobre aspectos da mesma. O grupo irá sempre acompañado de botiquín de primeiros auxilios e teléfono móbil. Ao remate da xornada énchese unha enquisa de valoración.