Outlet do Libro Galego

71

Lugar: Cafe Moderno

Hora: de 11 a 14 h. e de 17 a 21:30 h.

A Concellaría de Cultura colabora coa Asociación galega de editores e as librerías Paz e Seijas na segunda edición do Outlet do libro galego que se celebrará no Café Moderno os vindeiros 20 e 28 de abril.

A Asociación de editores ven de clausurar o outlet de Santiago cun éxito de ventas con máis de 7.000 exemplares. No caso de Pontevedra, na súa primeira edición, as ventas superaron os 5.000 exemplares.

Nesta segunda edición poderánse comprar obras dende 3 a 15 €. Poderanse comprar dous libros por 5 €, e até 5 libros por 10 €. Tamén haberá obras singulares por 10 ou 15 €.

Participarán 17 editoriais galegas e habería máis de 1.200 títulos de calidade aos mellores prezos.