Lugar: Recinto Feiral
Por noveno ano consecutivo, Pontevedra acollerá o Congreso Nacional de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Un evento pensado para as persoas que estean vinculadas ao deporte a través dalgunha das 6 áreas temáticas do congreso: saúde, ocio, rendemento, didáctica, ciencias sociais ou psicoloxía.
O congreso reunirá 400 profesionais procedentes de todos os cantos de España, establecendo relacións profesionais entre os participantes e difundindo o coñecemento técnico-científico xerado nos últimos anos.