“Nocturna, unha aventura salvaxe”. Ciclo de cinema infantil

66

Lugar: Sexto Edificio do Museo

Hora: 17 h.

Entrada: de balde.

Proxección do filme de animación galego “Nocturna, unha aventura salvaxe”, incluída no ciclo de cine infantil organizado polo Museo de Pontevedra, en colaboración coa ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses e o Cine Club Pontevedra.

Que fai a noite tan misteriosa? Que nos fai durmir, soñar e espertar pola mañá cos ollos pegados, a boca seca e o cabelo revolto, cos pes fóra da cama, o pixama nos xeonllos e gañas de facer pis? Será que alguén nalgures está velando por nós? Certo é que Tim nunca preguntou isto, mais des de que sentado no tellado do orfanato viu caer aque la pequena e fráxil estrela comezou a decatarse de que algo non era como imaxinara.