Avánzase na rede de alcantarillado de Santa María de Xeve ao conectar Frieiro

55

O Concello iniciou esta semana os traballos de saneamento no lugar de Frieiro, en Santa María de Xeve, que permitirá conectar nesta parte da parroquia arredor de dez vivendas unifamiliares completando o saneamento neste ámbito de Santa María.
O concelleiro delegado da parroquia, Miguel Filgueira visita esta mañá o inicio dos traballos que se prolongarán durante unhas semanas.
Con esta obra avánzase de xeito importante na rede de alcantarillado  da parroquia de Santa María de Xeve, e súmase aos proxectos de Tomeza, Lérez, Campañó ou Santo André que o Concello está a executar nestes últimos meses por valor de 475.000 euros.
Dentro da rede de saneamento, as parroquias de Lérez, Mourente, Lourizán, Salcedo, Ponte Sampaio, Canicouva e Tomeza atópanse totalmente conectadas, e no resto do rural pontevedrés a rede está moi avanzada.