Exposición de bonsais no Casino Mercantil

47

As instalacións do Casino Mercantil de Pontevedra, na praza de Curros Enríquez, acollen dende hoxe unha nova exposición de bonsais organizada pola Concellaría de Parques e Xardíns en colaboración co Casino Mercantil. A exposición está aberta dende hoxe até o vindeiro 5 maio.
O horario de visita ao público é de 11.30 a 13.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.
Na exposición pódense ver carballos, madroños, arces, boj, figueiras, prunus, cedros…