Plan millonario para mellorar a accesibilidade e a seguranza viaria no rural

56

O Concello de Pontevedra está a traballar na posta en marcha dun Plan de actuación na totalidade das parroquias do rural para executar obras no ano 2013 por valor de 2 millóns de euros. Segundo anunciou esta mañá o portavoz do Goberno, Raimundo González este plan que está a ultimarse consiste en mellorar a accesibilidade e seguranza viaria en todas as parroquias do rural, dado que o Concello está a recibir un grande número de peticións de veciños do rural para a mellora da seguranza viaria.

O investimento suporá a reposición de todas as vías públicas de titularidade municipal ao executar reparacións, mellorar ou repoñer a sinalización e, de ser o caso, a instalación de lombos.