Pontevedra celebrará o Día Internacional da Danza

49

Pontevedra celebrará o vindeiro sábado, 4 de maio, o Día Internacional da Danza con diversas actividades cos que se pretende reunir a todos os xéneros dancísticos para celebrar esta manifestación artística e a súa universalidade, remontando todas as barreiras e unindo ao mundo en aras da paz e a amizade cunha linguaxe común: a danza.

Con esta actividade a Concellaría de Cultura, que dirixe Anxos Riveiro, en colaboración con todas as asociacións de danza da cidade quere "anegar Pontevedra de danza creando un movemento que afecte a toda a cidade, involucrando aos pontevedreses, e a todos os curiosos que se acheguen a ver os espectáculos".

Vanse desenvolven distintos obradoiros na avenida de Montero Ríos dende as 11.00 até as 13.45 horas de distintas disciplinas: mantemento, danza contemporánea e hip hop.

Tamén están previstas representacións na avenida de Montero Ríos, praza de Santa María e Praza da Ferraría.

Outra actividade é un obradoiro fotográfico que se desenvolverá durante toda a xornada partindo do palco da música da Alameda. Os fotógrafos poderán plasmar aos bailaríns en movemento durante toda a xornada ou no plató instalado diante da Casa do Turista na Praza da Verdura. Tamén haberá unha exposición fotográfica do profesional Julián Calvo na Alameda.