O persoal do IMD actualiza a súa formación para utilizar desfibriladores semiautomáticos

65

O persoal de instalacións do Instituto Municipal de Deportes (IMD) participa esta mañá no curso anual de habilitación e reciclaxe para persoal non médico que os faculta para o uso de desfibriladores semiautomáticos (DESA).
Na actividade participan os 11 traballadores do persoal de servizos, instalacións, mantemento e programación deportiva. As prácticas de reanimación realízanse con dous maniquíes especiais, que simulan todo tipo de situacións.
Este tipo de cursos están regulados polo Decreto autonómico 99/2005 sobre o uso de desfibriladores externos por persoal non médico.
A Concellería de Deportes conta con tres desfibriladores DESA que están situados no Pavillón Municipal, o pavillón multiusos da Xunqueira e o complexo de campos de herba sintética da Xunqueira.