“Natureza sobre rodas”

64

A segunda edición de Natureza sobre rodas inclúe tres saídas por distintos espazos naturais do municipio. Son saídas en bicicleta pensadas para toda a familia cunha dificultade asumida para persoas de todas as idades e para todo tipo de bicicletas.

A primeira será o domingo, 5 de maio, 14 quilómetros polos Camiños de Salcedo.

O domingo, 12 de maio, serán 12 quilómetros pola Xunqueira da Gándara.

E o domingo, 19 de maio, será até a enseada de San Simón, uns 18 quilómetros.

Punto de encontro na Praza do Concello.

Prazas limitadas.

Inscricións na Oficina de Medio Ambiente Natural a través do teléfono 986 100 185.