Primeira saída de Natureza sobre rodas pola parroquia de Salcedo

99

A Concellaría de Medio Ambiente inicia este domingo, 5 de maio, a segunda edición do programa Natureza sobre rodas cunha saída pola parroquia de Salcedo baixo o título “Camiños de Salcedo”, que terá percorrido duns 14 quilómetros.
Segundo explicou o concelleiro delegado desta área, Miguel Filgueira explicou que son saíadas en bicicleta pensadas para toda a familia cunha dificultade asumida para persoas de todas as idades, e por distintos espazos naturais do municipio.
O domingo, 12 de maio, o percorrido será de 12 quilómetros pola Xunqueira da Gándara. E o domingo, 19 de maio, será até a enseada de San Simón, uns 18 quilómetros.
A Concellaría que dirixe Miguel Filgueira require anotarse previamente na Oficina de Medio Ambiente Natural a través do teléfono 986 100 185.